miércoles, 30 de octubre de 2019

TALLER DE MONSTROS TERRORÍFICOS!!!!

O pasado martes as tres aulas de infantil fixemos un taller monstruoso, por pequenos grupos fomos elaborando o noso, pasámolo moi ben traballando xuntos e mirade que monstros máis graciosos e terroríficos fixemos.









CHEGOU O SAMAÍN!!!!

Ao longo desta semana decoramos o noso corredor de infantil con arañas, cabazas terroríficas e cun mural cheo de arrepiantes monstros!!!! Ademais das impresionantes cabazas que trouxeron da casa cada nena e neno.
E xa para rematar esta semana de Samaín o alumnado de 6º de primaria escenificou para nos o conto de o "Grúfalo", encantounos!!!! Moitas grazas.

Pinchando na imaxe podedes ver as fotos de todo o que fixemos.



domingo, 27 de octubre de 2019

PÁMPANOS E ACIOS

Na aula do Oso Urso continuamos a aprender moito sobre as uvas. Xa sabemos que nacen en vides ou parras e que esas plantas teñen unhas follas que se chaman pámpanos. 

Primeiro tomamos contacto cos pámpanos empregando soamente o sentido do tacto. Tratamos de adiviñar que estamos a tocar e falamos das sensacións que nos producen.




Logo tomamos mostras dos pámpanos nun papel, colocándoos debaixo e arrastrando as ceras con moito coidadiño ata que as formas e o relevos do pámpano escondido van aparecendo. Tamén practicamos un pouquiño de grafo debuxando os bucles dos gabiáns. Para rematar, escribimos as novas palabras que aprendemos.


Ademais, aprendemos que as uvas se agrupan en acios e fixemos os nosos propios acios con plastilina. Mirade que chulos!



sábado, 26 de octubre de 2019

O OUTONO XA CHEGOU

Na aula do Corzo Vieiros puxéronse mans a obra para facer un mural sobre o outono. Mirade como foi o traballo e que ben lles quedou!!!!!





jueves, 24 de octubre de 2019

E O BAÚL NUN CASTELO AMARELO AMARELO AMARELO

A semana pasada, na aula da Raposa Marosa continuamos traballando as cores co conto Crocodilo, e como xa sabedes, tocou o amarelo! O castelo apareceu na clase e o baúl azul deu un chimpo e ahí estaba, enriba del...
As nenas e nenos empregamos pinturas de cera para pintar castelos de papel, tamén modelamos plastilina amarela, estampamos con diferentes materiais e ata empregamos cola e papel de celofán para decorar a un paxariño moi especial. Mirade!



Na seguinte foto podedes ver os estampados con pezas de construcción... por suposto en amarelo!


E mirade que conto nos leu a profe Rocío na Biblioteca de Lili, Pájaro Amarillo, de Olga de Dios. Foi moi divertido e cando voltamos para aula descubrimos que se miras a través do papel de celofán amarelo, todas as cousas se ven de cor amarela... ata as caras das nosas compañeiras e compañeiros! Probade, probade.

Por último queremos ensinarvos os nosos manteis das merendas... para facelos estampamos en cor amarela uns corazóns con esponxas e logo pegamos as nosas fotos e un montón de froitas... case tantas como imos a comer ao longo de todo o curso, xa veredes que fortes nos poñemos con tanta vitamina!


lunes, 21 de octubre de 2019

A RAPOSA E AS UVAS

Aquí vos deixamos un pouquiño de literatura. Na aula do Oso Urso aproveitamos a temática da venidma para contar e dramatizar a clásica fábula de Esopo "A raposa e as uvas". Despois, creamos unhas ilustracións moi imaxinativas con moito esmero. Agardamos que vos gusten!






sábado, 19 de octubre de 2019

O OUTONO CHEGOU...

Na aula do Oso Urso demos a benvida ó outono compartindo as nosas experiencias sobre a vendima. Este centro de interese está dando moito xogo para novas aprendizaxes.

Estampando uvas con tapóns de cortiza fixemos un mural para decorar a nosa aula e mesmo cambiamos a letra da canción "Otoño" que tanto nos gusta! Aquí vos deixamos algunhas fotos. Agardamos que vos gusten!