miércoles, 24 de marzo de 2021
HELLO WINTER!
jueves, 18 de marzo de 2021
UNHA SEMANA NA CASIÑA
Esta semana os nenos e nenas da Raposa Marosa aprendimos dende a casa! Por aquí vos deixamos as actividades que nos enviaron Diego, Nora, Claudia e Enzo! Moitas grazas por compartilas!
sábado, 13 de febrero de 2021
ANTEFACES COLORIDOS
Aínda que o clima e as circunstancias non acompañen moito, non podíamos deixar de celebrar o Entroido polo Piso de Abaixo, así que decidimos crear uns antefaces polo xoves de comadres como vén sendo habitual. Para decoralos empregamos TIPS, unha especie de boliñas de espuma de cores que humedecemos un pouquiño con toalliñas e queda pegada sobre calquera superficie. Gustounos moitísimo usar este material! Que vivan os antefaces coloridos para os días grises!
miércoles, 3 de febrero de 2021
ACTIVIDADES NA CASIÑA
Por aquí vos deixamos máis fotos dos vosos traballiños feitos na casa. Grazas por compartilas e por esforzarvos tanto! Están xenial! Agardamos que o pasarades moi ben facéndoos!
viernes, 29 de enero de 2021
ACTIVIDADES NA CASIÑA
Por aquí vos deixamos máis fotos vosas que nos enviades dende a casiña. Fainos moita ilusión velas! Sodes uns artistas, tanto do debuxo e a pintura como do ioga! Moitas grazas por compartilas! Ánimo!
miércoles, 27 de enero de 2021
ACTIVIDADES NA CASIÑA
Volvemos estar todo o día na casiña outra vez... Moito ánimo a todos e todas! Seguro que esta vez vai ser por menos tempo! Mentres tanto, vémonos por aquí! Recordade que podedes facernos chegar as vosas fotos. Ímosvos deixando as primeiras que recibimos. Esperamos que desfrutedes das actividades en familia! Estamos desexando vervos!


















































