Hello everybody! Hoxe queremos mostrarvos o que estivemos aprendendo os nenos e nenas da aula da Raposa Marosa nas sesión de inglés. A finais de outubro nos países de fala anglosaxona celebrase Halloween, unha festa monstruosa, e o conto Go away Big Green Monster! serviunos como conmemoración desta festa e coma pretexto para aprender as cores e as partes da cara. Aquí vos deixamos un vídeo do conto xunto coas nosas creacións! Agardamos que vos guste tanto como a nós!
jueves, 3 de diciembre de 2020
HAPPY HALLOWEEN!
Hello! Os nenos e nenas da clase do Corzo Vieiros e do Esquío Martiño tamén celebramos Halloween nas sesións de inglés. Colereando unhas terroríficas caretas (mask) aproveitamos para aprender vocabulario coma o nome de diferentes personaxes (Frankenstein, Sugar Skull, Pumpkin and witch). Ademais, os nenos e nenas da clase do Esquío Martiño fixemos unha guirnalda para decorar a clase composta de bats (morcegos) e spiders (arañas). Mirade que ben o pasamos!
lunes, 30 de noviembre de 2020
SEMANA CIENTÍFICA DE VIEIROS, MAROSA E MARTIÑO
O mes de novembro celébrase o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, así que a semana pasada en infantil fixemos unha morea de experimentos científicos. Queredes ver o ben que o pasamos e todo o que aprendimos? Pois prestade moita atención e mesmo poderedes repetir na casa os que máis vos gustaron!
lunes, 16 de noviembre de 2020
MAGOSTO, MAGOSTO!
Que ben o pasamos no magosto que celebramos na escola o pasado martes. As castañas estaban boísimas e, como é tradición, acompañámolas con refresco de laranxa, música e baile! E para levar as castañas fixemos unhas cestiñas reutilizando botellas de plástico. Mirade que ben nos quedaron!
miércoles, 4 de noviembre de 2020
SAMAÍN COA RAPOSA MAROSA
lunes, 2 de noviembre de 2020
SAMAÍN CO CORZO VIEIROS
Para os nenos e nenas da aula do Corzo Vieiros o conto Corre, corre cabaciña xa é un clásico! Pero non podemos pasar ningún Samaín sen contalo! Ademais, este curso levamos unha careta moi especial para a casa! A ver se nos recoñecedes!
SAMAÍN CO ESQUÍO MARTIÑO
As últimas semanas nas aulas de infantil fixemos actividades relacionadas co Samaín. Despois de escoitar o conto Corre, corre cabaciña creamos unhas máscaras da "cabaza faladora". Canto nos gustou este conto! Ademais, tamén creamos unhas arañas para decorar o noso corredor, pintando con pincel e témpera negra. Pasámolo moi ben! Aquí vos deixamos as fotos dos nenos e nenas da clase do Esquío Martiño. Mirade que maiores somos xa!






































