Boas tardes! Hoxe amosámosvos as esculturas que Ainoa, Diego, Leo, David e Nora crearon inspirándose nas de Miró. Que artistas! Agardamos que vos gusten!
E por aquí... O que argallaron Leo, Sergio e Valentina co conto Os tres porquiños. Mirade que bonito! Agora que creastes as casas e as personaxes podedes xogar a contar o conto con eles!
Autor: Pablo Albo Ilustración: Guridi Editorial: OQO
Conto extraído da canle de youtube "Taxi Roberto Burela"
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Unha mañá a gata Benita espertou sobresaltada ao oír que a señora Xulia chamaba por ela: Benitaaaaaa!!!! Onde estás que non escoito o teu cascabel? Que lle pasaría ao cascabel de Benita?
ACTIVIDADES RELACIONADAS: De novo deixámosvos un miniproxecto sobre o conto elaborado por nós (lembrade que non tedes que facelo todo, só queremos aportar ideas que podedes adaptar ás vosas necesidades). Premede na imaxe para abrir o PDF.
E ademáis mirade que ideas tan divertidas para xogar con Benita. Animádesvos a facer algunha destas manualidades??
Construímos unha gatiña: con papeis de periódico e pegamento poderedes facer á Gatiña Benita. Mirade que fácil.
Facemos peixiños: deixámosvos 2 modelos, un con envoltorios de madalenas e outro con recortes de papeis.
Dende o noso colexio queremos propoñervos esta actividade para o Día das Letras Galegas. É unha actividade sacada da web Primavera das Letras, e que pensamos que é moi apropiada para axudarnos a levar un pouco mellor estos días, posto que nos temos que imaxinar nalquel lugar no que nos encantaría estar e redactalo ou debuxalo.
Se non dispoñedes de impresora podedes facelo en folio, e enviarllo ao mail das vosas titoras escaneado ou por fotografía. O prazo é ata o 8 de maio.
Boas tardes a todos e todas! Canto contades! Encántanos saber que os contos chegan ás vosas casas e que seguides aprendendo, creando e ata actuando coma no teatro! Deixámosvos por aquí algunhas das vosas fotos.
Valentina coleccionou vogais coma Aurelio, Leo imitou os animais do conto A que sabe a lúa? cunha ruleta moi divertida. Tamén xogou con A cebra Camila, igual que Martina que, ademais, fixo unha máscara de O coelliño branco. David tamén encheu a súa mesa de coelliños e completou todas as fichas! Mirade que ben!
Moitas grazas a todos e todas por non deixar de contar contos!
Tamén vos compartimos a
curtametraxe deste conto creada e producida por OQO Filmes.
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: Cocorico é unha adaptación dun conto
tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos,
do importante que é cumprir as promesas e da dificultade que supón aprender a
compartir. Cocorico é un poliño que vive feliz coa súa nai. Un día, Mamá Galiña
vai facer un biscoito e cando o poliño vai buscar a leña para prender o forno aparece
Gato Pelado que o quere comer...
ACTIVIDADES
RELACIONADAS:
Cociñando!
Podedes
cociñar un biscoito e escribir a receita ou os ingredientes. Deixámosvos un
exemplo pero podedes facer outra. Seguro que o voso sabe tan ben como o de
Cocorico e Mamá Galiña!
Xogando
coas metades! Cocorico prometeulle a metade do biscoito a Gato Pelado. Sabedes
o que é unha metade? Propoñémosvos dúas actividades para descubrilo!
A primeira é máis sinxela, só tedes
que recortar cada debuxo en dúas metades e xogar a compoñelos. Premendo na imaxe
podedes descargar a versión en PDF.
A segunda, é un pouco máis complexa dependendo do debuxo
que escollades. Consiste en debuxar a metade que falta para crear unha imaxe
simétrica. Animádesvos con algún? Premendo na imaxe podedes descargar un
documento con catro debuxos.
Ordenando! Premendo na imaxe podedes descargar un documento con 3
páxinas nas que podedes ordenar as imaxes segundo suceden ANTES ou DESPOIS.
Creando! Tamén podedes
facer unha marioneta de Cocorico. Deixámosvos aquí unha idea extraída do
Pinterest de Ana BP.
Cantando! E por último, compartímosvos a canción Cocorico de Almudena Janeiro.
Boas tardes! A entrada de hoxe ten un toque primaveral. Imos compartir con vós as fotos dos coelliños brancos de Diego, Ainoa, Leo, Nora e Valentina. Que bonitos vos quedaron! Canto vos esforzades!
Ademais, tamén vos amosamos as plantas de lentellas de Leo que, despois de medio mes, medraron un montón.
E, por último, os cadros tan floridos que creou Valentina. Que alegres e coloridos!
Moitas grazas a todos e todas! Pronto poderemos desfrutar da primavera ó aire libre!
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: O conto trata de 3 porquiños que vivían no bosque, e cando escoitaron que por alí vivía tamén un lobo moi feroz decidiron construír as súas casas, o porquiño máis novo non tiña moitas ganas de traballar e fixo, para resgardarse, unha casa de palla. O mediano traballou máis e fíxoa de madeira, pero, o máis vello tivo que traballar moito para construír unha casa de ladrillo. E cando chegou o lobo e soprou e soprou....Que pasaría?
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
O noso dosier: Deixámosvos unhas fichiñas moi moi fáciles do conto dos tres porquiños. Se non podedes imprimilas podedes facelas na pantalla do ordenador co dedo. De todos modos, xa sabedes que son cousiñas voluntarias, non tedes que facer todo.
Pinchando na imaxe podedes velas.
Un pouco de manualidades: Anímaste a construír as casas dos porquiños e os personaxes do conto? Aquí podedes ver un exemplo de como facelo.