martes, 21 de mayo de 2024

Experimentando con lá de ovella!

Na nosa viaxe pola Prehistoria, indagamos un pouquiño máis sobre a aparición da gandeiría. 

Vacas e ovellas son os animais nos que imos afondar con máis profundidade, xa que son dous animais moi cercanos á nosa xeografía. 

O mellor de todo, foi  que tivemos a oportunidade de tocar e manipular a lá dunha ovella de verdade.

A nosa compañeira Taroa, xunto coa súa familia, teñen un rabaño de ovellas na casa, e aproveitando que chegou a época que cortarlles o pelo, qué mellor que traelo ao cole!!!

Tocamos, ulimos, cardamos e tintamos a lá, sentindo en primeira persoa a sensación, que para moitos e moitas era a primeira vez.

Rematamos pegando unhas boliñas de lá nunha ovelliña, para ter de recordo. 

Moitas grazas Taroa e á súa familia pola experiencia!!!








martes, 7 de mayo de 2024

Animais da prehistoria

Nesta ocasión, seguimos investigando sobre os animais prehistóricos. 

Descubrimos que os dinosaurios non pertenceron a esta época, tal e como pensabamos nun principio. Tamén coñecemos aos uros, os doedicurus, os tigres dentes de sabre, e por suposto o noso preferido...o mamut!!

Ata puidemos cortarlle o pelo a un mamut moi divertido que nos visitou!!!