miércoles, 23 de diciembre de 2020
MERRY CHRISTMAS!
Hoxe queremos compartir con vós as Christmas Activities que fixemos no piso de abaixo! Agardamos que vos gusten!
Os nenos e nenas da clase do Corzo Vieiros, traballamos o vocabulario de Christmas characters e fixemos Christmas masks con tres deles: reindeer, Christmas tree and elf. Usamos coloured markers and glitter, mentres que seguimos a traballar as cores e os utensilios escolares.
domingo, 6 de diciembre de 2020
O NOSO CORPO
No mes de novembro os nenos e nenas da Raposa Marosa comezamos unha investigación sobre o noso corpo e o seu funcionamento. Xa sabemos moito sobre as partes que podemos ver, e todos os días o encargado ou encargada autorretrátase na pizarra de forma moi completa. Pero... Como somos por dentro? Para averigualo buscamos nalgúns libros da biblioteca e tamén baixamos un busto que contén algúns dos nosos órganos vitais. Chamounos moito a atención! E despois... Representamos en papel o aprendido! Agardamos que vos guste!
jueves, 3 de diciembre de 2020
GO AWAY, BIG GREEN MONSTER!
Hello everybody! Hoxe queremos mostrarvos o que estivemos aprendendo os nenos e nenas da aula da Raposa Marosa nas sesión de inglés. A finais de outubro nos países de fala anglosaxona celebrase Halloween, unha festa monstruosa, e o conto Go away Big Green Monster! serviunos como conmemoración desta festa e coma pretexto para aprender as cores e as partes da cara. Aquí vos deixamos un vídeo do conto xunto coas nosas creacións! Agardamos que vos guste tanto como a nós!
HAPPY HALLOWEEN!
Hello! Os nenos e nenas da clase do Corzo Vieiros e do Esquío Martiño tamén celebramos Halloween nas sesións de inglés. Colereando unhas terroríficas caretas (mask) aproveitamos para aprender vocabulario coma o nome de diferentes personaxes (Frankenstein, Sugar Skull, Pumpkin and witch). Ademais, os nenos e nenas da clase do Esquío Martiño fixemos unha guirnalda para decorar a clase composta de bats (morcegos) e spiders (arañas). Mirade que ben o pasamos!
lunes, 30 de noviembre de 2020
SEMANA CIENTÍFICA DE VIEIROS, MAROSA E MARTIÑO
O mes de novembro celébrase o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, así que a semana pasada en infantil fixemos unha morea de experimentos científicos. Queredes ver o ben que o pasamos e todo o que aprendimos? Pois prestade moita atención e mesmo poderedes repetir na casa os que máis vos gustaron!
lunes, 16 de noviembre de 2020
MAGOSTO, MAGOSTO!
Que ben o pasamos no magosto que celebramos na escola o pasado martes. As castañas estaban boísimas e, como é tradición, acompañámolas con refresco de laranxa, música e baile! E para levar as castañas fixemos unhas cestiñas reutilizando botellas de plástico. Mirade que ben nos quedaron!