Na nosa viaxe pola Prehistoria, indagamos un pouquiño máis sobre a aparición da gandeiría.
Vacas e ovellas son os animais nos que imos afondar con máis profundidade, xa que son dous animais moi cercanos á nosa xeografía.
O mellor de todo, foi que tivemos a oportunidade de tocar e manipular a lá dunha ovella de verdade.
A nosa compañeira Taroa, xunto coa súa familia, teñen un rabaño de ovellas na casa, e aproveitando que chegou a época que cortarlles o pelo, qué mellor que traelo ao cole!!!
Tocamos, ulimos, cardamos e tintamos a lá, sentindo en primeira persoa a sensación, que para moitos e moitas era a primeira vez.
Rematamos pegando unhas boliñas de lá nunha ovelliña, para ter de recordo.
Moitas grazas Taroa e á súa familia pola experiencia!!!