jueves, 18 de abril de 2024

Coñecendo máis sobre a cor da pel

 Seguimos traballando a cor da pel a través de contos e debuxos nos que usamos as diferentes cores carne. Continuamos reflexionando sobre esa cor e volvémonos meter na pel da fotógrafa Angélica Dass para retratar aos nosos compañeiros e compañeiras. 

Recortamos os nosos ollos e, tendo como base os mesmos, debuxamos o que quedaba da nosa cara para completar o retrato. Despois, eliximos libremente a cor da pel que máis nos representaba, e démoslle cor ao noso debuxo.

Todo rematou cunha exposición na biblio do cole, onde o resto de compis se achegaron para ver o noso traballo e poder reflexionar sobre o mal uso da “cor carne”.

E a ti, quedouche agora claro que non so hai unha cor de pel?








sábado, 13 de abril de 2024

Pigmentos naturais

Hoxe descubrimos como podemos facer pigmentos ao estilo prehistórico. 

Pimentón, café, cúrcuma, remolacha...foron algúns dos ingredientes que empregamos. 

A maxia xurdiu cando ao mesturalos con auga, descubrimos que podíamos pintar, polo que...imaxinación ao poder!!













viernes, 1 de marzo de 2024

Unha nova aventura grazas á Prehistoria!!

Comezamos unha secuencia didáctica sobre a cor da pel!

Todo xorde a partir de… como era a pel das persoas da prehistoria?

Existe so unha cor para referirnos á cor carne? Ou existen tantas cores carne como persoas? 

A través da fotógrafa Angélica Dass comezamos a dar resposta a todas estas preguntas. Observamos se as nosas cores son iguais e convertémonos en fotógrafos e fotógrafas! 

Tamén, a través do conto “Color carne”, descubrimos que hay moitas cores que representan esta realidade, e que a mal chamada cor carne… non é nin máis nin menos que o rosa clariño. 

Seguirémosvos informando!









Arte rupestre!

Continuamos na nosa viaxe pola prehistoria!!

E como non podía ser menos, a arte tiña que estar presente, xa que se algo se nos dá ben, é ser artistas!! 

Coñecemos cómo facían na prehistoria para decorar as covas afondando nos pigmentos e utensilios que empregaban, así como o tipo de debuxos que realizaban. 

Posteriormente, decoramos as nosas covas que elaboramos fai unhas semanas, e rematamos cun mural colectivo.

Para este, empregamos carboncillo e pintura soprada. Como podedes ver quedaron uns debuxos ben bonitos!! 

Uns pequenos grandes artistas!!!

 
















viernes, 26 de enero de 2024

Construímos as nosas covas!

Continuamos a nosa andaina pola prehistoria, e nesta ocasión centrámonos nas vivendas!! 

As covas eran as casiñas nas que habitaban os humanos prehistóricos. Para coñecer un pouco mellor estas edificacións, observamos un conto denominado: La cueva de Nico.

Logo construímos a nosa cova con papel e comentamos cales eran as semellanzas e as diferenzas con respecto ás casas que habitamos actualmente.

Rematamos esta semana, modelando con barro a nosa cova particular!!

Seguiremos informando proximamente sobre esta viaxe!!